O Programa de Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial, regulado polo R.D. 99/2011, é un Programa Interuniversitario activo dende o ano 2014, no que participan as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, dando continuidade a estudos de doutoramento previamente existentes no Sistema Universitario de Galicia

O programa persegue a excelencia investigadora, contando con docentes de gran experiencia integrados en diferentes grupos de referencia, que traballan co obxectivo de formar novas xeneracións de investigadores/as con altas capacidades.

Cada ano, o Programa acolle ata un máximo de 45 novos alumnos/as. Nos últimos anos iniciaron o Programa estudantes de máis de 13 nacionalidades diferentes.

ACCEDE DIRECTAMENTE A...

¿Falamos?






    Acepto o envío de comunicacións electrónicas sobre servizos, eventos e noticias relacionadas coa nosa actividade profesional



    Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
    Campus Lagoas-Marcosende s/n, 36310 Vigo



    Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
    Avenida do Burgo s/n. Campus Norte. 15782 Santiago de Compostela



    Facultade de Economía e Empresa
    Campus de Elviña. 15071 A Coruña