Sobre o Programa de Doutoramento
O Programa de Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial, regulado polo R.D. 99/2011, é un Programa Interuniversitario no que participan as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
O obxectivo do programa é formar investigadores/as capaces de utilizar con rigor modelos económicos, e manexar datos empíricos que permitan abordar problemas teóricos ou prácticos e publicar as súas conclusións en revistas académicas de prestixio internacional.
O programa conta con docentes de gran experiencia investigadora en distintos campos da economía e das ciencias empresariais como son, por exemplo:
- economía medioambiental e dos recursos naturais
- comportamento estratéxico e teoría de xogos
- economía industrial e da información
- economía da saúde e da familia
- análise das políticas económicas
- análise macro e microeconómico
- métodos cuantitativos
- análise económica e financeira
- responsabilidade social corporativa e finanzas socialmente responsables
- contabilidade de xestión e auditoría
- innovación, xestión de operacións e recursos humanos
- organización e estratexia da empresa
- economía espacial, urbana a rexional
- desigualdade e economía de xénero
- historia económica
- comercialización e investigación de mercados
- economía e organización das empresas turísticas
O persoal investigador involucrado neste Programa de Doutoramento está integrado en grupos de investigación de referencia do Sistema Universitario de Galicia ou noutros grupos de investigación que obteñen financiación en distintas convocatorias competitivas nacionais e europeas.