Axudas propias das universidades do SUG

Convocatoria: Axudas para contratos predoutorais da Universidade de Vigo
  • Prazo: 1 de Setembro ao 10 de Outubro.
  • Obxecto: Financiar a formación de persoas tituladas integradas en grupos de investigación que estean a realizar a tese de doutoramento na Universidade de Vigo e que, en función da súa capacitación e formación, poidan converterse en novo persoal investigador en formación mediante a formalización dun contrato predoutoral.
  • Requisitos xerais: Non gozar nin ter gozado destas axudas ou outras homólogas en anteriores convocatorias ou dunha axuda á etapa predoutoral de calquera modalidade, ter formalizado a matrícula nun programa de doutoramento na Universidade de Vigo, ter completados 300 ECTS, dos cales alomenos 60 deben ser de estudos oficiais de posgrao, estar adscritas ou comprometer a súa adscrición a un grupo de investigación da Universidade de Vigo, non posuír un título de doutora ou doutor, ter unha nota media ponderada igual ou superior a 1.
  • Máis información

Convocatoria: Premios ao mellor TFG/TFM en Axenda 2030, cooperación ao desenvolvemento e RSU-UVIGO
  • Prazo: dende o día seguinte a publicarse ata o 30 de Setembro (~Xullo)
  • Obxecto: O recoñecemento dos traballos de fin de grao e mestrado que se distingan por ser especialmente relevantes en temáticas relacionadas coa Axenda 2030, a cooperación no desenvolvemento e a responsabilidade social, facilitando a gratuidade da matrícula nos estudos que supoñan a continuación dos xa cursados.
  • Requisitos xerais: Ter superado o TFG ou TFM durante o anterior curso académico cunha cualificación igual ou superior a 8,5 e a temática ten que estar relacionada coa Axenda 2030, a cooperación no desenvolvemento ou a responsabilidade social corporativa.
  • Máis información

Convocatoria: Premios á excelencia académica para estudantado que inicia estudos de doutoramento
  • Prazo: ~Marzo-Abril
  • Obxecto: Premiar ao novo alumnado da Universidade de Vigo que está a realizar estudos oficiais de Doutoramento e que destaca particularmente por unha traxectoria académica de excelencia nos estudos previos.
  • Requisitos xerais: Ter formalizado a matrícula por primeira vez nun programa de doutoramento e obter unha nota media ponderada igual ou superior a 1,00.
  • Máis información

Convocatoria: Axudas para contratos predoutorais da Universidade de Vigo
  • Prazo: ~Setembro-Outubro
  • Obxecto: financiar a formación de persoas tituladas integradas en grupos de investigación que estean a realizar a tese de doutoramento na Universidade de Vigo e que poidan converterse en novo persoal investigador en formación mediante a formalización dun contrato predoutoral.
  • Requisitos xerais: Non gozar nin ter gozado destas axudas en anteriores convocatorias ou dunha axuda á etapa predoutoral (FPU, FPI,..), ter formalizado a matrícula nun programa de Doutoramento da UVIGO, ter completado 300 ECTS (60 de formación de estudos de posgrao), estar adscrito/a a un grupo de investigación, non posuír o título de doutor/a e ter unha nota media ponderada igual ou superior a 1,00.
  • Máis información 
    Convocatoria: Convocatoria de contratos predoutorais 
    • Prazo: un mes tras a publicación (~Decembro)
    • Obxecto:  formación de doutores/as nos grupos de investigación da USC, co fin de que realicen unha tese doutoral asociada a un proxecto de investigación pertencente á USC
    • Requisitos xerais: Atoparse en posesión dun título oficial de grao ou equivalente, e de máster universitario ou equivalente, sempre que se superaran 300 ECTS no conxunto das ensinanzas, que a data de finalización dos estudos sexa igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2017 e se está en posesión dun título extranxeiro, debe se equivalente a un de máster oficial español e ter sido comprobado pola universidade.
    • Máis información

    Convocatoria: Erasmus+ prácticas para estudantes de doutoramento
    • Prazo: ~Xuño
    • Obxectoofrecer ao alumnado de doutoramento da USC a posibilidade de realizar unha estadía de investigación na que realizarán actividades directamente relacionadas coa súa tese de doutoramento en universidades, centros de investigación, institucións ou empresas nalgún país do programa Erasmus+
    • Requisitos xerais: Posuír nacionalidade comunitaria e o alumnado deberá estar matriculado no segundo ou posteriores anos do programa de doutoramento.
    • Máis información

    Convocatoria:  Convocatoria de axudas para o pagamento dos prezos públicos por servizos académicos para o alumnado matriculado no cuarto ciclo
    • Prazo: ~Xuño-Xullo
    • Obxecto:  Poderán solicitar a exención do pagamento de prezos públicos todas as persoas que se matriculen na USC para cursar estudos no cuarto ciclo e que non teñan superados os 60 créditos necesarios para obter o Diploma Sénior en IV Ciclo. 
    • Requisitos xerais: Non estar en condición de obter o diploma Senior en IV Ciclo, no caso de posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea que teñan a condición de residentes permanentes ou que acrediten ser traballadores, no suposto de estranxeiros non comunitarios aplicarase o disposto na normativa sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social e a axuda virá dada pola Renda Persoal Dispoñible
    • Máis información

    Convocatoria: Convocatoria Axudas Competencias Lingüísticas PDI

    • Prazo: ~Maio
    • Obxecto: axudas para a asistencia e o aproveitamento de cursos no Centro de Linguas por procedemento de urxencia dada o inminente comezo dos cursos de verán
    • Requisitos xerais: Ter intención de realizar unha mobilidade internacional no curso próximo ou posterior, imparta ou teña intención de impartir docencia en dobres titulacións internacionais, imparta ou teña intención de impartir docencia en graos bilingües
    • Máis información

    Convocatoria: Axudas para estadías predoutorais Inditex-UDC
    • Prazo: ~Outubro-Novembro
    • Obxecto: facilitar a doutorandos/as da UDC a estadía en centros de investigación no estranxeiro para complementar os seus estudos, de modo que poidan optar á mención internacional na súa tese de doutoramento. 
    • Requisitos xerais: Poderá beneficiarse destas axudas o estudantado matriculado a tempo completo nun Programa de Doutoramento na UDC. No caso de solicitudes de persoas estranxeiras para estadías no seu país de orixe ou noutro país en que tivesen vinculación contractual ou estudos previos, a Comisión de Seguimento valorará se a oportunidade e os obxectivos da estadía xustifican o seu financiamento
    • Máis información