Modalidades de matricula
· Matrícula a tempo completo:
45 prazas de novo ingreso (15 por Universidade). Para esta modalidade haberá tres prazas máis por universidade para alumnos extracomunitarios.
· Matrícula a tempo parcial:
15 prazas de novo ingreso (5 por Universidade). Para esta modalidade de matriculación é requisito indispensable a súa aprobación por parte da Comisión Académica. Para solicitala, haberá que demostrar motivos de carácter laboral, familiar ou persoal presentando os documentos xustificativos pertinentes.
O cambio da modalidade de matrícula ten que ser por causas xustificadas documentalmente (causas laborais, familiates, etc.) e quedará condicionado ó informe favorable da Comisión Académica.