Condicións de titorización e dirección das teses

TITORIZACIÓN DA TESE:

A admisión definitiva no Programa de Doutoramento leva asociada a asignación dun titor ou titora por parte da Comisión Académica, que será un/unha docente do programa e con vinculación permanente coa Universidade.

Con carácter xeral, as funcións do/a titor/a serán:

  • Velar pola interacción do/a doutorando/a coa Comisión Académica
  • Conxuntamente co Director/a da tese, velar pola adecuación ás liñas do Programa da formación e actividade investigadora do/a doutorando/a e orientalo nas actividades docentes e de investigación.

A Comisión Académica poderá modificar o nomeamento do/a titor/a en calquera momento do período de realización do doutoramento, sempre e cando concorran razóns xustificadas para elo.


DIRECCIÓN DA TESE:

A Comisión Académica, a proposta do/a alumno/a, asignará a cada doutorando/a un Director ou Directora de Tese nun prazo máximo de 3 meses dende a súa matriculación, que será o/a máximo/a responsable da coherencia e idoneidade das actividades de formación, do impacto e novidade no seu campo, da temática da tese e da guía na planificación e a súa adecuación, no seu caso, a outros proxectos e actividades nos que se inscriba o/a doutorando/a.

Poderá dirixir a Tese calquera doutor/a nacional ou internacional con experiencia acreditada investigadora, independentemente da universidade, centro ou institución no que preste os seus servizos. A estes efectos, enténdese por experiencia acreditada investigadora o cumprimento de algún dos seguintes requisitos:

  • Ter recoñecido polo menos un sexenio de actividade investigadora
  • Ser, nos últimos 6 anos, investigador/a principal dun proxecto de investigación financiado mediante convocatoria pública (excluíndo as propias da universidade)
  • Acreditar a autoría ou coautoría, nos últimos 6 anos, de polo menos 3 publicacións en revistas incluídas no Journal Citations Report (JCR).
  • Acreditar a autoría ou coautoría dunha patente de explotación
  • Ter dirixido unha tese de doutoramento nos últimos cinco anos con cualificación de Sobresaínte Cum Laude ou Apto Cum Laude da que se teña derivado, polo menos, unha publicación en revistas indexadas no JCR con autoría ou coautoría do/a doutorando/a

Se un/unha profesor/a do programa cumpre os requisitos, deberá asumir as funcións de dirección e titorización.

A tese poderá ser co-dirixida cando concorran razóns de índole académica ou cando a interdiciplinariedade temática ou os programas desenrolados en colaboración nacional ou internacional así o xustifiquen. Esta codirección deberá ser previamente autorizada pola Comisión Académica e poderá ser revocada se, a xuízo de dita Comisión, non beneficia o desenrolo da tese. Os requisitos a cumprir polos/as co-directores/as da tese son os mesmos que os dos/as directores/as.