Obxecto: Convócase o premio INAP para teses doutorais, cuxo contido, dende a rama de coñecemento de Ciencias Sociais e Xurídicas, aborde as tendencias de reforma na Administración Pública en calqueira dos ámbitos propios de dicha rama de coñecemento.
Convocatoria: Axudas Beatriz Galindo para a atracción do talento investigador -MEFP
Prazo: 45 días naturais, a partir do 10 de febreiro
Obxecto: atracción do talento investigador que realizou parte da súa carreira profesional no estranxeiro co fin de favorecer a captación e formación de capital humano investigador e a súa mobilidade en sectores de interese estratéxico nacional.
Prazo: entre 15 e 20 dias tras a publicación da convocatoria (~Decembro-Xaneiro)
Obxecto: promover a incorporación de persoal investigador cunha traxectoria destacada, en centros de I+D españois, co fin de que adquiran as competencias e capacidades que lles permitan obter un posto nun organismo de investigación.
Convocatoria: Axudas Juan de la Cierva-Formación - MICINN
Prazo: entre 15 e 20 dias tras a publicación da convocatoria (~Decembro-Xaneiro)
Obxecto: fomentar a contratación laboral de mozos en posesión do grao de doutor por un período de dous anos con obxecto de que completen a súa formación investigadora posdoutoral en centros de I+D españois.
Convocatoria: Axudas para contratos de formación de investigadores en empresas (Doutorados Industriales) - MICINN
Prazo: ~Febreiro
Obxecto: a formación de doutores en empresas mediante a cofinanciación dos contratos laborales do persoal investigador en formación que participe nun proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental que se realize na empresa.
Convocatoria: Consolidación e estruturación de unidades de investigación, Modalidade C: Proxectos de excelencia - Xunta de Galicia
Prazo: un mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG (~Febreiro)
Obxecto: Axudas para a realización de proxectos de investigación a investigadores/as que, contando cunha traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto.
Convocatoria: Axudas de apoio á etapa de formación postdoutoral - Xunta de Galicia
Prazo: 1 mes a partir do día seguinte á data de publicación no DOG (~Xaneiro)
Obxecto: incorporación de persoal investigador ao Sistema de I+D+i galego fomentando a adquisición e perfeccionamento das habilidades propias do persoal investigador doutor, mediante contratos e permitindo a súa mobilidade internacional.
Convocatoria: Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral - Xunta de Galicia
Prazo: 1 mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG (~Xaneiro)
Obxecto: Posibilitar a continuación da formación das doutoras e doutores que comezaron a súa formación postdoutoral, posibilitando o establecemento dunha liña de investigación que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria.
Convocatoria: Axudas para a retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do SUG - Xunta de Galicia
Prazo: un mes que contará a partir do día seguinte a data de publicación no DOG. (~Febreiro)
Obxecto: incorporación de persoal investigador posdoutoral que amose un relevante currículo investigador que permita reforzar e/ou iniciar novas liñas de investigación en áreas de coñecemento/liñas de investigación definidas nesta convocatoria.
Convocatoria: Premios extraordinarios de doutoramento - Universidade de Vigo
Prazo: uns 10 días dende a publicación da listaxe de potenciais candidaturas e o número de premios (~Setembro)
Obxecto: Premios extraordinarios de doutoramento para as teses lidas nesta Universidade no presente curso académico que alcanzaran a cualificación “Sobresainte cum laude”
Convocatoria: Programa de retención de talento investigador - Universidade de Vigo
Prazo: 1 mes tras a publicación da convocatioria (~Xullo)
Obxecto: contratación como persoal laboral temporal de investigadoras ou investigadores , que tiveran desenvolvido a súa actividade investigadora postdoutoral na Universidade de Vigo no cadro de determinados programas competitivos.
Convocatoria: Bolsas Leonardo a Investigadores e Creadores Culturais - Fundación BBVA
Prazo: Mes e medio tras a publicación da convocatoria (~Decembro)
Obxecto: apoiar directamente o traballo de investigadores e creadores culturais de entre 30 e 45 anos que, atopándose en estadios intermedios da súa carreira, desenvolvan un proxecto marcadamente persoal e innovador
Convocatoria: Axudas Fundación BBVA a proxectos de Investigación Científica
Prazo: Xaneiro-Marzo
Obxecto:impulso da investigación científica e a súa proxección á sociedade, como forma de ampliar as oportunidades individuais e colectivas, e abordar de forma eficaz os principais retos do século XXI
Convocatoria: Posdoutorado Junior Leader Retaining - Fundación La Caixa
Prazo: 3 meses tras a publicación da convocatoria (~Xullo)
Obxecto: fomentar a investigación innovadora e de alta calidade en España e Portugal e apoiar ao mellor talento científico ofrecéndolle unha contorna atractiva e competitiva para realizar unha investigación punteira.
Convocatoria: Premio Fundación Banco Sabadell a la Investigación Económica
Prazo: ~Xaneiro-Marzo
Obxecto: incentivar e recoñecer o traballo dos investigadores españois nos campos de coñecemento económico, empresarial e social, e contribuír ao análise e formulación de alternativas que promovan o benestar social.
Convocatoria: Axudas á Investigación en Ciencias Sociais Posdoutoral - Fundación Ramon Areces
Prazo: 1 mes despois da data de publicación (~Maio)
Obxecto:promover a investigación científica na área das Ciencias Sociais, en particular de mozos investigadores, así como fomentar a educación e a cultura en xeral
Convocatoria: Becas de Excelencia - Fundación Rafael del Pino
Prazo: ~Xaneiro-Febreiro
Obxecto: contribuir á formación dos dirixentes españois, ao fomento do espíritu e a actividade emprendedora en España e á investigación e difusión do coñecemento.
Convocatoria: Programa ÁFRICA-MED INVESTIGACIÓN - AECID
Prazo: ~Xaneiro-Febreiro
Obxecto: Conceder bolsas para unha estancia de investigación en España, a investigadores e profesores universitarios, nunha Universidade, un centro do Consello Superior de Investigacións Científicas ou outra institución pública ou privada de I+D.
Obxecto: completar a formación postdoutoral do profesorado dos centros universitarios latinoamericanos asociados á Fundación Carolina, en universidades ou en centros de investigación españois.
Para que este sitio funcione correctamente e co fin de evalualo e melloralo, temos que almacear pequenos arquivos (chamados Cookies) no seu ordenador. Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza o portal.AceptoMáis información